InicioCULTURAHomenaxe aos "oficios invisibles" nos Premios María Casares

Homenaxe aos “oficios invisibles” nos Premios María Casares

Publicada o

Por europapress

Un total de 15 espectáculos compiten en calidade de finalistas nos XXVII Premios María Casares, uns galardóns que se entregarán este xoves, día 30, na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, cunha homenaxe a “oficios invisibles” e a distintos xéneros escénicos.

Nesta edición, o certame inclúe dúas novas categorías, un total de 16, xa que engade un premio á dirección de movemento e outro ao espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

Así o anunciaron o director da gala, Marcos Ptt, e a secretaria da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Arantza Villar, na presentación do evento. No acto, estiveron acompañados polo primeiro tenente de alcaldesa da Coruña, Juan Ignacio Borrego, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Segundo explicou Ptt, con esta inclusión de novas categorías a gala pretende reivindicar “figuras, persoas, oficios e xéneros teatrais que normalmente non están nas primeiras filas”. “Os mal chamados xéneros menores, o cabaret, o circo, a danza e mesmo os monólogos e a improvisación”, puntualizou. Neste sentido, Villar destacou a necesidade de cambiar as bases destes galardóns co obxectivo de “modernizar” e “adaptarse” ás novas correntes artísticas.

FINALISTAS

Entre os finalistas atópanse ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego, que aspira a nove premios, igual que a obra ‘As que limpan’, da compañía A Panadaría.

‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro, concorre por seis galardoes, como ‘O porco de pé’, de Podrucións Teatrais Excéntricas. ‘Continente María’, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, opta a cinco.

ÚLTIMAS

O festival Mar de Mares converterá A Coruña en xuño na “capital mundial dos océanos”

O festival Mar de Mares converterá á cidade da Coruña en xuño na "capital...

A unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo, xa é unha realidade

Era un soño hai apenas un ano cando a Fundación Diego González Rivas presentaba...

Preguntan polo estado dos proxectos das Bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea

No marco do falso proceso de unificación, a Rede de Bibliotecas tiñan como obxectivo...

Efectivos policiais desprázanse á Ronda de Nelle na Coruña por unha falsa alarma en relación a unha arma

Efectivos policiais desprazáronse este xoves á zona da Rolda de Nelle, na Coruña, por...